Igrexa de San Pedro de Bembibre

É a igrexa de San Pedro de Bembibre a xoia da coroa do románico rural nas ribeiras do Miño. Fai xa moitos anos que foi declarada Monumento Nacional. Atópase situada nun encrave incomparable, dende onde se albiscan preciosas paraxes e vistas, aproximadamente a un escaso quilómetro da casa pazo dos Condes de Taboada.
Esta igrexa é absolutamente monumental na súa factura románica; ten unha única nave, ábside semicircular con bóveda de canón e dúas fermosísimas portadas románicas que contan cunha gran ornamentación así como tamén é destacable o fermoso retablo barroco. Ten a sacristía a carón mesmo do alzado sur da nave.

san pedro frontal

Uns dos elementos que máis destacan nesta fermosa igrexa son as dúas portadas, tanto a frontal como a sur.
A portada principal está formada por tres arcos sostidos por cadansúas tres columnas, enmarcados en ziguezague e protexidos por outro arco de dentes de serra; os fustes están decorados case todos eles por estrías verticais, e en ocasións, por bólas; os capiteis teñen ornamentación figurada ou vexetal, salientando o terceiro deles, que mostra unha figura dun home que leva unha especie de bolsa ó pescozo, mentres que na súa man esquerda aparece unha ave e baixo a súa man dereita aparece un can. Segundo diversas interpretacións, podería tratarse da representación da avaricia e o can esculpido sería o demo que atormenta ao coreño e máis ao avaro.

san pedro porta

Consérvanse tamén partes das dúas vertentes do tellado do que no seu día foi o pórtico exterior desta porta principal.
Por outra banda, a porta sur tamén é moi interesante: ten dobre arquivolta de medio punto e o arco menor decorado con motivos frorais; os capiteis do lado esquerdo están ornamentados con decoracións vexetais, e os dereitos, con decoracións animais. Destes últimos, o capitel pertencente á arquivolta ten dous animais mitolóxicos afrontados, os grifos. Outro aspecto relevante desta porta sur é que nos proporciona a data de construcción desta igrexa, xa que nos restos que se conservan do tímpano que hai sobre esta portada lense a data e máis o autor, pero este, lamentablemente, perdeuse co paso do tempo. A data que figura escrita no tímpano é o 1229, pero hai que restarlle os 38 anos da era hispánica, co cal a data correcta de construcción deste fermoso templo románico sería o 1191.

san pedro porta 3

A sinxela espadaña que se conserva é do século XVIII, pois a orixinal foi destruida moi probablemente por un lóstrego.
O interior da igrexa é moi sinxelo, constando de nave e ábsida; a nave propiamente dita cóbrese cun artesonado de madeira e a ábsida con bóveda de canón e forno.
Os muros érguense sobre un banco de pedra, e destaca moito o púlpito do muro norte, que nos recorda ós dos refectorios monásticos.
O arco triunfal está lixeiramente apuntado, como sinalando a chegada das influencias góticas, e no semicírculo absidal atopamos un fermoso retablo barroco, debaixo do cal houbo pinturas murais como as que, despois da restauración, se acharon no muro norte. Estas pinturas fixéronse con toda probabilidade no século XVI, pero tapáronse con cal para evitar a propagación da peste.
Tamén hai que salientar na ábsida a sepultura de Xoán Taboada de Rivadeneira e Figueroa, coa escultura xacente da familia do finado e mailos escudos heráldicos dos Taboada. Este sepulcro data da segunda metade do século XVII.
Cómpre destacar tamén o cruceiro do século XIX que se atopa a carón da igrexa, facendo as veces de rotonda no camiño que nos leva a ela.

san pedro igrexa

A LA IGLESIA ROMÁNICA DE SAN PEDRO DE BEMBIBRE, EN TABOADA-LUGO

Templo de Dios, la campiña, solar,
tu perfección se logró con euforia,
ya del románico eres historia,
tu armonía invita a orar.

Maravilloso campa tu lugar.
Cuando te miro y hago memoria:
Fueron artistas, tallaron tu gloria.
Con tu belleza me haces soñar.

Tu cruz de piedra, de piedras con arte,
en tu paraíso, chispas de un sueño,
de la cultura, tú ya eres parte.

La romanización puso diseño,
siendo de Roma propio estandarte,
en un paisaje de paz y ensueño.

XEOLOCALIZACIÓN

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s